mércores, 9 de decembro de 2009

Cambios

Xa temos unha tradución no blogue de 4ºB http://tirarrollas.blogspot.com da canción Changes de Phil Ochs.
A letra oferta imaxes abundantes para facer un poema visual. Animádevos.

mércores, 25 de novembro de 2009

Imaxes e son de Phil Ochs

Unha vez que teñades a tradución, podedes facer unha montaxe con imaxes alusivas á letra da canción, unha especie de colaxe audiovisual.Boa sorte.

xoves, 19 de novembro de 2009

Changes

O que segue a continuación é a letra orixinal dunha canción de Phill Ochs, contemporáneo de Bob Dylan e Leonard Cohen que facían canción protesta ao estilo da que en España fixo Paco Ibáñez, en Galicia Bibiano e en América Latina Víctor Jara, de quen o autor do que falamos se sentía próximo ideoloxicamente: antiimperialismo, pacifismo e denuncia social. Con todo, esta canción non participa de ningún destes trazos e por ser, non é sequera unha canción de amor- Tentaremos 1º oíla e despois traducila. Xa veremos

CHANGES
Sit by my side, come as close as the air
Share in a memory of gray
Wander in my words,
dream about the pictures That I play
of changes
Green leaves of summer turn red in the fall
To brown and to yellow they fade
And then they have to die, trapped within
The circle time parade of changes
Scenes of my young years were warm in my mind
Visions of shadows that shine
Til one day I returned and found they were the
Victims of the vines of changes
The world's spinning madly, it drifts in the dark
Swings through a hollow of haze
A race around the stars, a journey through
The universe ablaze with changes
Moments of magic will glow in the night
All fears of the forest are gone
But when the morning breaks they're swept away by
Golden drops of dawn, of changes
Passions will part to a strange melody
As fires will sometimes burn cold
Like petals in the wind, we're puppets to the silver
Strings of souls, of changes
Your tears will be trembling, now we're somewhere else
One last cup of wine we will pour
And I'll kiss you one more time, and leave you on
The rolling river shores of changes
So sit by my side, come as close as the air
Share in a memory of gray
Wander in my words, dream about the pictures
That I play of changes
PHILL OCHS (1940-1976)
Fonte: www.musica.com

Mércores, 7


Mércores, 7

Hoxe ocorrerá algo gracioso, aínda non sei o que, pero seguro que ocorre…
Como eses día cando saes da habitación pola mañá, e ves a túa irmá cun peiteado mañanceiro, e un vestiario moi pouco elegante pero, estás tan canso, que non podes rir, e só soltas un sorriso e pensas: “Que daría eu por ter unha cámara de fotos agora, e unha foto para as túas amigas despois”… Jejeje… Pero, como sempre, estou moi canso para esas maldades…


Cervantes

temos outro blogue en 4ºB


O alumnado de 4ºB ten ao seu dispor un blogue propio ao cal podedes acceder a través deste enlace http://tirarrollas.blogspot.com/

xoves, 12 de novembro de 2009

Heroína: cinema en galego e feito en Galiza


O Departamento de Normalización Lingüística levou recentemente o alumnado de 4º da eso do ROU ver a película Heroína versioneada ao galego. Como xa case todas saberedes, está baseada en feitos reais acontecidos na cidade de Vigo e a protagonista , a nosa nai coraxe, é tamén unha muller real que viviu o pesadelo da adición do fillo e non se limitou a aturala, loitou e mobilizou a toda unha xeración de mulleres coas que montou a asociación ERGUETE de axuda a drogodependentes. O filme amosa como elas foron á raíz do problema incidindo na impunidade con que se moven os narcotraficantes para amasar inmensas fortunas familiares a costa da saúde física e mental das xeracións máis novas da poboación. Pero quen isto escribe está convencida de que os alumnos viron outros aspectos interesantes no filme e estarán encantados de verquer as súas opinións e valoracións no noso blogue. Adiante.

O toureo, por que segue a ser algo tan cotián?


Paréceme rechamante que no século XXI aínda se sigan a matar touros dunha forma cruel e sen ter en conta o seu sufrimento. Son seres vivos e, coma tales, non se debería xogar coa súa vida dunha forma tan burlona e chocalleira á que algúns chaman a festa nacional. O máis tráxico é que se oe nos medios que só o 33% da poboación a nivel estatal está interesada nesa clase de eventos, que axudamos todos a manter cos nosos impostos. Nunha época de crises económicas e humanitarias como a que estamos a vivir, parece un pouco ridículo e mesmo insultante o feito de que o estado estea a empregar millóns de euros en fomentar tradicións que atentan contra os dereitos dos animais e que aínda por riba só lle interesa a unha minotía da poboación

malos costumes


ás veces, cando nos pomos a ver un partido de fúbol na tele, observamos que algúns xogadores tenden a cuspir no chan, pero seguro que iso non é só cuspe, iso debe ir con mocos e todo!, e xusto despois, se meten un gol, tamén teñen o costume de tirarse ao chan facendo un xesto de vitoria, ou sexa, que eles mesmos restregan os seus propios mocos polo corpo, iso é noxento!
Pero non é só nos partidos. Hai moita xente, sobre todo mozos e vellos, que van camiñando pola rúa e cando teñen ganas, cospen alí, diante de calquera, como se só estivesen eles no mundo! O que máis rabia dá é ese ruidiño característico preliminar: noxento! como se non puidesen sacar un pano dos mocos e cuspir aí.

xoves, 29 de outubro de 2009

A emigración clandestina



A emigración clandestina é un fenómeno moi común en África. A maior parte dos xoves africanos usan baiucos para chegar ás costas europeas. Ex: España, Italia. Cando eu estaba en Senegal un amigo meu chamoume por teléfono e pregunteille onde andaba, dixome que en España (Canarias) eu dixenlle como fixera para chegar alí, el díxome cun baiuco . Eu quedei abraiado e case nun minuto non puiden facer ou decir nada porque é algo moi perigoso “cando 50 persoas saen só chegan 20 ou 25 “ O mellor da xoventude africana morreu no mar .Grazas á emigración clandestina África sofre nuha perda moi grande de xente nova.

Sunligal

domingo, 18 de outubro de 2009

O outro día

O outro día estaba a pasear o meu can cando, de repente, bato con oito ou dez cagadas de can. Deume moito noxo e marchamos pasear a outro sitio. A xente non debería contaminar tanto os campos e os paseos. Eu pola miña parte recollo cunha bolsa e penso que así deberían facelo todos e non seguir contaminando. A policía tamén o debería ter en conta e multar ou sancionar dalgunha maneira que axude a non contaminar máis. Por exemplo recoller toda a merda do parque.
Inconformista.

xoves, 15 de outubro de 2009

Broncas con “cariño”


O outro día a miña nai botoume a bronca. Ela é unha desas persoas que mentres che berran che cambia o nome, pero non cho cambia de forma despectiva, cámbiao por diminutivos ou palabras coma “cariño”. É algo que non entendo, está cabreada pero trátame dunha forma coa que non me trata o resto do día. É moi desconcertante, é coma se estivese encabuxada pero non o quixese demostrar. Se tanto enfado ten, por que me chama así? Sería mellor que me chamase polo meu nome . Son manías que non entenderemos nunca.


Gallaecia

Unha historia en Príncipe


Esta historia aconteceu o anterior sábado , cando estabamos eu e máis tres amigos na rúa de Príncipe viguesa.
Estabamos a falar entre nós , sentados , e nisto aparece unha señora duns 60-65 anos , vestida totalmente de branco e con pelo canoso , que se nos acerca , e cun ton como de ida , comeza a dicirnos cousas sobre Deus . que se ía salvarnos , que se non nos deixaramos enganar polos curas.., e tras dous minutos de cousas relixiosas , despediuse de nós e continuou a súa camiñada pola rúa Príncipe en diante.
Ó dia seguinte , un amigo meu volveuna encontrar e volveu contarlle o mesmo…

Vaughton