Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
venres, 1 de decembro de 2017
luns, 22 de maio de 2017
venres, 7 de abril de 2017
As bibliotecas viventes
Onte, 6 de abril, o alumnado de 4º da ESO asistiu ás bibliotecas viventes no pavillón de As Travesas. Todos os libros vivos que están ao noso dispór este ano teñen temática deportiva. Dende un afeccionado á bicicleta de montaña a un xogador olímpico veterano, dende unha árbitra de balonmán ata unha taikondista. Todos eles e elas contaron a súa longa experiencia no mundo do deporte local e internacional. Mesmo hai un libro vivo sobre as retransmisións radiadas e televisadas de eventos deportivos. Agradecemos ao concello esta valiosa oferta educativa para o alumnado da escola pública viguesa. Os rapaces disfrutaron dunha conversa en galego informal e tiveron oportunidade de investigar en cada libro todos os aspectos que reclamaron o seu interese. Para o curso que vén contade de novo connosco!
xoves, 23 de marzo de 2017
Pardo de Cela. Documental
Documental emitido por TVE2 no ano 2013 sobre Pedro Pardo de Cela, O Mariscal é o protagonista absoluto do convulso século XV galego. Decapitado publicamente na praza maior de Mondoñedo, converteuse nun mito do que se conserva un pequeno romance popular anónimo denominado
O pranto da Frouseira
Castelo de Castrodouro e ao fondo o pico da Frouseira |
Etiquetas:
4º eso,
a memoria,
documentais,
literatura popular
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)